#RemamosXuntos
En Afundación, a Obra Social de ABANCA, quixemos remar ao voso lado desde o primeiro. Por iso…
Axudamos fabricando material sanitario cando máis se necesitaba
A través do noso Colexio Fogar e, grazas ao incansable labor do voluntariado, elaboramos máis de 88 000 pantallas e máscaras que foron entregadas en centros penais, institucións sanitarias, concellos, residencias de maiores, etc.
Co programa Cubertos repartimos preto de 80 000 menús a menores en risco de pobreza durante as vacacións escolares. Estes pratos, baseados nunha alimentación saudable, foron preparados en empresas galegas e elaborados con produtos frescos, de provedores locais. Máis de 700 familias beneficiáronse deste programa que retomamos agora nas vacacións do Nadal.
A avanzada tecnoloxía de gravación e emisión instalada nos campus de IESIDE permitiunos conducir todas as clases presenciais a formato dixital e por vídeo sincrónico en menos de 24 horas, cando foi decretado o confinamento. Estamos á cabeza en innovación dixital, contando co nivel TI Avanzado Tipo 2, establecido pola Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE).
Achegamos o entretemento ás casas porque a arte e a cultura tamén sandan
O COVID-19 obrigou a todas as institucións a pechar os seus espazos físicos. É nese momento, e en tempo récord, cando creamos a canle en liña #AfundaciónEnCasa, agora convertida na nosa canle AfundaciónTV, a través da que comezamos a emitir contidos para todos os públicos. A arte, a gastronomía, a educación, as artes escénicas, a saúde e o deporte, así coma as actividades infantís, fixéronse oco na nosa programación, sendo a Educación a área transversal de todas elas.
O coidado da nosa terra, do medio ambiente e o mar é parte do noso ADN, por iso as nosas propostas culturais e sociais seguiron e seguen un modelo sostible. Queremos contribuír a xerar información e conciencia sobre a nosa pegada na Terra a través de accións de voluntariado, conferencias, exposicións, mesas redondas, estudos científicos e audiovisuais.
E, cada día, chamamos as persoas maiores que están soas
O noso equipo da área de Envellecemento Activo contactou telefonicamente con máis de 9.900 persoas durante o confinamento. +60, acompañámoste é un programa que ofrece acompañamento, conversación, información e é unha canle de expresión concibida para minimizar o illamento social das persoas maiores que se senten soas.
